Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melide insiste na necesidade de axilizar as melloras no vial N-547

Montserrat García e Begoña Rodríguez escoitaron as peticións do goberno local

Melide. O equipo de goberno municipal recibiu a visita da deputada socialista no Congreso, Montserrat García, e de Begoña Rodríguez, deputada no Parlamento de Galicia, para coñecer as demandas do Concello naqueles proxectos e infraestruturas nas que ten competencias o goberno central.

Na reunión, o equipo de goberno insistiu na necesidade de axilizar as melloras pendentes na seguridade viaria da estrada nacional N-547, moi transitada por vehículos e peóns xa que conflúe co Camiño de Santiago.

Por outra parte, o equipo de goberno trasladou a necesidade de chan industrial, así

como outras cuestións que preocupan aos veciños e veciñas de Melide. O alcalde, José Manuel Pérez, e o tenente de alcalde, Jose Antonio Prado, valoraron “moi positivamente” a reunión de traballo así como a receptividade ás demandas dos vecinos e veciñas de Melide.

OBRAS Por certo que o Concello de Melide inviste un total de 49.596,33 € na mellora de camiños de accesos a parcelas agrícolas. En concreto estase a actuar en O Xardín-Traspedra cara Arribas e tamén en Santa Mariña , de Pedrouzos a Xubial. Ditas actuacións están enmarcadas dentro do programa FEADER: Europa inviste no rural.

Asemade o goberno local continúa esta semana cos traballos de mantemento de beirarrúas e de mellora da accesibilidade coa fin de mellorar o estado das vías e facer máis cómodo o día a día dos viandantes. C.E.

08 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.