Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melide instala no colexio A Martagona a cristaleira

Melide. O Concello de Melide está a acometer distintas actuacións para mellorar o CEIP A Martagona. Froito destes traballos, o centro escolar conta xa cunha cristaleira en vidro laminado na entrada, un espazo que se usa como zona de recreo nos días de choiva. Asemade, nos últimos meses foi o lugar de descanso escollido ao ser un punto ventilado. A esta actuación hai que sumar o paso de peóns elevado que se construíu hai algunhas semanas para dotar de maior seguridade aos viandantes. Tamén a comezos do pasado curso escolar se solventou un problema que, segundo fontes municipais, sufrían denden hai moitos anos os estudantes: o asolagamento da zona na que está a parada de autobús.

ALIMENTOS Por certo que o Concello informa de que se poden doar alimentos non perecedoiros a Cáritas parroquial e ao Banco de Alimentos municipal ata o 30 de decembro na entrada da casa consistorial, en horario de mañá. Con motivo desta iniciativa de Nadal o Concello agradece a doazón feita ao Banco de Alimentos por parte da empresa local Grupo Noguerol. A.P.

23 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.