Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melide logrou reducir as súas emisións de CO2

Melide. O Concello de Melide vén de facer públicas as conclusións do Informe de Seguimento do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible do Concello. Este documento, aprobado en Pleno en novembro de 2020, contempla unha redución do 40% das emisións de CO2 municipal para 2030 en relación con 2016, dentro da resposta local aos desafíos do cambio climático. Actualmente, Melide xa ten reducido un 18% estas emisións, e executou o 64,7% das medidas propostas no documento. Isto significa que, se en 2016 emitía 29.911 toneladas de CO2 (3,99 por habitante) anuais, debe ter reducido esa cifra en 11.964,4 toneladas en 2030. Neste 2022, o descenso acumulado foi de 5.668,77 toneladas, o que supón case a metade do obxectivo final, indica o Concello.

O goberno local lembrou que os centros sociais de Gondollín, Agrón, Baltar, Campos, Folladela, Furelos, Golán, Maceda, Moldes, Meire, Orois e Piñor contan con caldeiras de biomasa. Apostouse polo LED no alumeamento e no tocante á xestión de residuos, vaise implantar o contedor da quinta fracción. C.E.

05 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.