Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melide vai contar cun orzamento de 7 millóns para o vindeiro 2021

O Concello centra boa parte dos esforzos en reactivar a economía dos negocios locais

Melide contará para o vindeiro ano 2021 cun presuposto de 7 millóns de euros. Xosé Igrexas, concelleiro de Promoción Económica do Concello, explicou que “o obxetivo desta proposta de orzamento é a modernización administrativa do concello” e seguir co proxecto de futuro para a vila.

Con respecto ao capítulo I, gastos de persoal, o concelleiro apuntou que se prevé “que experimenten un aumento do 17,07% co obxectivo de fortalecer con persoal aos distintos departamentos municipais, e así poder modernizar a administración local e axilizar os procedementos administrativos”. Asemade, engadiu, na mesa de negociación cos sindicatos deuse luz verde “por unanimidade ao cadro de persoal”.

Igrexas fixo especial fincapé na necesidade que teñen moitos departamentos do Concello de “incrementar os seus medios persoais para facer fronte coa dilixencia debida á tramitación de todos os expedientes admininistrativos existentes na actualidade”. As áreas que se verán reforzadas serán as de Urbanismo, Secretaría e Intervención, Policía Local e crearase o posto de técnico de Medio Ambiente.

O edil indicou que o goberno local ten previsto negociar unha nova Relación de Postos de Traballo ao longo do vindeiro ano, para o que se destina unha consignación inicial de 50.000 euros. Esta cantidade, aclarou, “ poderá ser incrementada en 30.000 euros, vía modificación orzamentaria e por transferencia de crédito, sempre e cando as condicións de carácter económico-orzamentario así o permitan de conformidade coa normativa vixente en materia de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financieira, como consecuencia das prazas vacantes que non se cubran ao longo do dito exercicio, de tal xeito que a cantidade final consignada para facer fronte aos devanditos gastos podería alcanzar, no seu caso, a contía de 80.000 euros”, explicou Xosé Igrexas.

No capítulo de investimentos, o concelleiro de Promoción Económica, destacou que “para o 2021 está orzamentado un 50 % máis que no 2020 con fondos propios”.

A situación actual que estamos a vivir por mor da CO VID está a ser devastadora para os sectores da hostalaría e para os pequenos negocios locais. E é por iso que o Concello se vai implicar especialmente na súa reactivación económica. Deste xeito, destinaranse nos orzamentos de 2021 aos servizos sociais 1.225.500 euros e á promoción económica 153.000. Neste punto hai que lembrar a campaña da tarxeta Merca en Melide, que busca incentivar á veciñanza a facer as compras de Nadal nos establecementos locais.

27 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.