Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 30 enero 2023
10:14
h

Melloraranse as vías que levan ata Fonte Santaia e Papucín, en Frades

FRADES. A Xunta adxudicou por máis de 120.000 euros as obras de humanización da contorna dos núcleos de Papucín e Fonte Santaia, no concello de Frades. A intervención centrarase nas vías que conducen aos centros de ambas parroquias do municipio, onde se habilitarán sendas peonís, se introducirán canalizacións para a auga e o alumeado público e se colocará unha estrutura para cubrir os contedores de lixo. O ámbito de intervención, cunha superficie de 1.406 metros cadrados, correspóndese cos viarios existentes no lugar da Igrexa da parroquia de Santa María de Papucín, e coa zona comprendida entre Fonte Santaia, As Corredoiras e A Igrexa, en Santaia de Moar. En canto aos traballos, cun prazo de execución de 6 meses, a actuación principal consistirá na creación de itinerarios para peóns cun ancho de 1,8 metros, aínda que no caso de Papucín (onde as dimensións da vía non o permiten) optarase por habilitar unha cuneta transitable. Así mesmo, en Fonte Santaia crearase unha zona de convivencia entre tráfico rodado e peonil empregando o mesmo pavimento que nos sendeiros: formigón en cor natural de quince centímetros de espesor, armado con malla sobre saburra. O mencionado acordo está enmarcado no plan Hurbe. C.E.

28 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.