Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melloras sociais, en viais e luminarias dende Oroso

Oroso. O Concello de Oroso aprobou o Plan Único 2022 e o POS adicional da Deputación da Coruña, con actuacións na rede viaria, melloras de eficiencia enerxética e gasto social por un importe de case 900.000 euros.

En concreto, realizaranse melloras na rede viaria nos lugares de Baxoia (Deixebre) e a Cruz de Folgoso (Marzoa); nos lugares de A Baiuca (Senra)-Requeixo (Cardama) e Castro-Burgao-Piñeiro (Trasmonte), e nos lugares de Piñeirón (A Gándara), Arderís (Senra) e Bran (Os Ánxeles). Tamén acometerán melloras de eficiencia enerxética do alumeado exterior na urbanización Porto Avieira e unha partida de 171.692,66 euros (gastos correntes) destinarase ao capítulo de investimentos dos orzamentos municipais para o ano 2022. E este ano, o Plan Único inclúe de novo un fondo social, que permitirá destinar unha partida de 72.453 € a ampliar o Servizo de Axuda no Fogar ou a axudas ás familias e colectivos en risco de exclusión. CG

11 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.