Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melloras substanciais en cada unha das pistas das parroquias de Oroso

A actuación conta cun orzamento global de 60.000 euros e vaise facer en dúas fases

Oroso. O vindeiro luns, día 5, o Concello de Oroso comezará os traballos de rebacheo en todas as pistas das parroquias do municipio que precisan dunha mellora. A actuación, que conta cun orzamento global de 60.000 euros, realizarase en dúas fases e dará resposta ás demandas dos veciños e veciñas.

Estas tarefas de rebacheo, segundo explican dende o goberno local, están á marxe da actuación conxunta no rural de Oroso prevista polo grupo de goberno, “con diferentes obras que suporán un investimento próximo aos 900.000 euros nos próximos meses”.

“Temos que aproveitar as semanas de mellor tempo para estas obras, xa que a mobilidade nos camiños do rural é moi elevada e a seguridade viaria debe ser unha prioridade, tanto para os vehículos como para os peóns”, asegura o alcalde de Oroso, Luis Rey.

O Concello, lembran fontes municipais, desenvolve durante todo o ano un plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraestruturas municipais da vila, tanto no casco urbano como nas parroquias.

Por certo que o municipio forma parte dun obradoiro de emprego organizado pola Mancomunidade de Ordes para menores de 30 anos. Os interesados poden contactar no teléfono 981 680679. C.E.

03 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.