Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mobilidade sostible orosá cun carril-bici da Foca ao río

Oroso. O Concello de Oroso avanza na súa estratexia de mobilidade sostible coa posta en marcha do primeiro tramo de carril-bici no municipio. Foi no último pleno extraordinario cando se aprobaron de forma definitiva obras e proxectos incluídos no Plan Único 2021 da Deputación da Coruña, por 1,1 millóns de euros. E entre as actuacións previstas, está a posta en marcha do primeiro tramo do carril-bici e a ampliación das beirarrúas na avenida de Compostela.

Este primeiro tramo de carril-bici partirá da glorieta da Foca e chegará ata o río Carboeiro, para prolongarse nunha segunda fase pola rúa Ulloa ata conectar coa antiga estación de Oroso e a nova Vía Verde de Santiago a Cerceda.

O Concello cumpre ademais desta forma co Plan de Acción para o Clima e a Enerxía (PACES). Oroso foi o primeiro municipio da comarca en ter listo o documento e o plan implica reducir nun 40% as emisións de efecto invernadoiro no 2030, aumentando o uso das enerxías renovables, impulsando os transportes limpos e baixando o consumo enerxético. O rexedor Manuel Mirás salienta que “1.500 persoas fan deporte de forma federada ou regulada no municipio”. m. outeiro

05 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.