Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mostra con 70 obras do certame GóisOrosoArte

Oroso. O centro de saúde de Sigüeiro acolle ata o vindeiro día 30 de setembro a exposición das setenta obras artísticas seleccionadas na

nova edición do certame GóisOrosoArte, impulsado polo Concello de Oroso e Cámara Municipal de Góis (Portugal) para formentar a creatividade artística.

A mostra, que xa se exhibiu na localidade portuguesa durante o pasado mes de xullo, inaugurouse na tarde onte en Sigüeiro nun acto que contou coa presenza do rexedor local, Luis Rey, e o seu homólogo de Góis, António Rui de Sousa Godinho Sampaio, ademais doutros membros da Corporación Municipal, algúns artistas participantes e unha nutrida presenza de veciños. Na súa intervención, o rexedor local destacou a “boa saúde” desta iniciativa cultural, que cualificou como “o mellor froito do irmandamento do Concello de Oroso coa localidade lusa de Góis”, e comprometeu a implicación do goberno orosano para “seguir a potencialo”. M. Outeiro

10 sep 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.