Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Música nas rúas de Arzúa o Día do Comercio Local

Arzúa. O vindeiro 8 de decembro o Concello de Arzúa organiza o Día do Comercio Local, unha cita que contará este ano coa participación de 33 establecementos, superando así as cifras de anos anteriores. O goberno deu a coñecer nunha reunión cos locais adheridos as actividades deste ano, iso si, adaptadas á nova situación.

Durante toda a mañá haberá animación de rúa a cargo da agrupación musical Donaire, que dinamizará con música en directo a feira, as rúas e prazas da vila. Pola tarde, deseñouse a proposta chamada ‘Rúas musicais’ con actuacións situadas en diversos puntos da vila para favorecer o movemento do público e evitar aglomeracións. Participarán entre as 16.30 e as 18.00 horas Dani Riveiro & Christian Castrelo con versións galegas na Avenida de Lugo á altura da Libraría Cartafol, Lou Reyes e o seu blues na Praza do Peregrino ao carón da oficina de turismo, DJ Ferromona no cruzamento da Avenida de Lugo con Padre Pardo e a artista local Aldara na Praza de Galiza.

O grupo de gaitas arzuán Luar das Augas pechará a xornada cun pasarrúas entre as 18.00 e as 20.00 horas. A.P.

21 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.