Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novo vertido no río Furelos de Melide que chega da zona de Zaramil

Apareceu en forma de xurro e descansaba á altura da estación de captación de augas

Melide. De novo malas noticias para o río Furelos de Melide. Cando as augas aínda non se recuperaran do último vertido procedente do Polígono da Madanela o pasado día 9, sofre outro, desta vez, segundo informan da Asociación de Troiteiros Río Furelos, en forma de xurro e que chegou da zona de Zaramil (parroquia de San Salvador de Abeancos) o domingo 14.

A entidade denuncia que o xurro descansaba a 350 metros da Ponte Mazaira, a altura da estación de captación de augas de consumo do servizo municipal de augas do Concello de Melide e a 1.200 metros da Tosta ( Praia Fluvial de Furelos). Unha vez detectaron o problema, sinala o presidente, Xavier Pazo, “seguindo o protocolo establecido para vertidos chamamos ao 112, Policía Local, Seprona, Augas de Galicia, Servizo de Protección da Natureza e a Policia Autonómica de Galicia”, relata.

“Estas situacións, con certeza, se terían reducido moito se desde as institucións implicadas no tema ( Concello e Consellería de Medio Ambiente) se levaran a cabo, entre os propietarios de granxas e veciñanza ribeirá, campañas de información en materia de normativa a cumprir e de formación en valores medioambientais”, apunta Pazo. Propón dende a asociación “un compromiso de partida económica entre os concellos ribeiraos e as Consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente para que os gandeiros se poidan acoller a unha subvención para actualizar as explotacións e o xeito de produción”, sentencia. A.P

18 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.