Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 12 abril 2021
02:38
h

Novo vertido no río Furelos procedente de A Madanela

A Asociación de Troiteiros denuncia que os restos semellan derivados de petróleo // Foron vistos onde desembocan os tubos do polígono

A Asociación de Troiteiros Río Furelos, de Melide, vén de dar a voz de alarma ante un novo vertido que foi parar ás augas do río. A procedencia, unha vez máis, é, segundo explican dende a asociación, o polígono industrial. De feito, os restos atopáronse na zona na que desembocan as tubaxes de A Madanela.

Os restos foron vistos o pasado martes por un dos socios da entidade e ata o lugar acudía o presidente, Xavier Pazo, quen relata que acto seguido decidiron dar aviso ao 112 “para activar os protocolos que se seguen nestes casos”, sinala. Desta vez “a enxurrada parecía ser de derivados de petróleo, maiormente gasoil, pola cor e o cheiro que desprendía”, considera ao respecto Xavier Pazo.

Ata o punto no que estaban os vertidos acudiu o alcalde melidense, José Manuel Pérez, e dende a asociación aproveitaron para expoñerlle, entre outras cuestións, “o que consideramos unha demostración da falta de compromiso para levar a cabo as propostas que no seu momento fixera: radiografar todos os colectores do polígono industrial para localizar aqueles que se conectaran de maneira ilegal”, sentencia o presidente da asociación.

Recalcan que dende hai anos “vimos pedindo solucións ao problema” e que incluso chegaron a propor unha mesa de partidos “para chegar a uns mínimos que garantisen o funcionamento axeitado do polígono; pero todo ficou en auga de castañas”, sentencia Xavier Pazo.

“Mentres, a flora e a fauna do Furelos sofren outro ataque que, como na maioría dos casos, ficará impune”, critica. “Pola nosa parte, testemuñas do que acontece, denunciaremos os feitos perante as autoridades e institucións correspondentes, tal como viñemos facendo sempre”, anuncia ao respecto.

11 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.