Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O alzhéimer a debate na vila de Trazo o día 9 deste mes

Trazo. O vindeiro 9 de xuño o doutor José María Prieto, xefe do Servizo de Neuroloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), impartirá unha charla sobre O Alzhéimer e outras demencias no concello de Trazo, organizada por Agadea Alzhéimer. Desenvolverase no Local de usos múltiples (Casa Amarela) en Viaño Pequeno.

Trátase dunha charla presencial e aberta a todo o público na que o doutor porá de manifesto a realidade da doenza dende o punto de vista da súa experiencia como médico. A continuación a psicóloga sanitaria e psicoxerontóloga de Agadea Alzhéimer, Alba Felpete, disertará sobre as terapias non farmacolóxicas. Felpete explicará o funcionamente dos servizos de estimulación terapéutica que a entidade ten en marcha noutras zonas como Santiago, Ribeira, A Estrada, Vedra e Teo, e que axudan a retrasar a perda de capacidades do proceso de envellecemento natural e fomentan a autonomía das persoas maiores.

Neste mes o concello de Trazo conxuntamente con Agadea teñen previsto abrir un Servizo de Estimulación Terapéutica para atender aos veciños. Para acudir a charla hai que inscribirse no 647 589 725, no 981 689001 ou en agadea@agadea.org. C.E.

04 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.