Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Concello de Arzúa defende a legalidade da súa xestión económica

Aseguran dende o BNG ver irregularidades no informe do Consello de Contas do ano 2018

Arzúa. O portavoz do Bloque Nacionalista Galego en Arzúa, Xoán Xesús Carril, pide explicacións ao Concello “polas irregularidades detectadas polo Consello de Contas”.

No seu informe correspondente ao ano 2018, “o máximo organismo fiscalizador das contas locais en Galicia detectou que o goberno municipal arzuán ocultou dous contratos que suman un importe de máis de 3 millóns de euros, algo gravísimo” , asegura.

Do mesmo xeito, o portavoz nacionalista sinalou que “o alcalde debe dar tamén explicacións polas irregularidades detectadas na adxudicación de contratos”.

Ante ditas afirmacións, o goberno arzuán asegura que “nin unha soa verdade se desprende do dito publicamente polo voceiro do BNG ao respecto do informe do Consello de Contas sobre a xestión económica do Concello de Arzúa no ano 2018.” Aclaran, en primeiro lugar, que o goberno local “cumpre agora coa obriga de remitir a súa contabilidade ao Consello de Contas, algo que o BNG non fixo nin unha soa vez ao longo de todos os seus anos de goberno”. Non existe, indican, “ocultación de contratos e irregularidades nas adxudicacións”. Os dous contratos que Carril menciona “corresponden coa contratación da xestión da piscina municipal climatizada e co mantemento da estación depuradora de augas residuais (EDAR). Ambos contratos foron remitidos ao Consello de Contas en abril de 2019”. O pobo de Arzúa “é coñecedor da honestidade coa que sempre traballou o seu alcalde”, sentencian. C. E.

19 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.