Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Concello de Arzúa e Sedra organizarán un taller de sexualidade

Está dirixido a mulleres de máis de 45 anos e desenvolverase o 2 e o 9 do mes de novembro

Arzúa. O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa e a Federación de Planificación Familiar SEDRA desenvolverán Encantada de coñecerme, un novo obradoiro presencial sobre autocoñecemento e saúde sexual dirixido a mulleres a partir de 45 anos.

Estes obradoiros están destinados a crear espazos de ensino e aprendizaxe grupal sobre a sexualidade e a saúde sexual, en relación aos seus aspectos físicos, biolóxicos e sociais. Ditos talleres terán como obxectivo aumentar os coñecementos das participantes en conexión coas súas propias vivencias; dar resposta ás súas inquedanzas, normalizar diferentes situacións, e ofrecer unha base común que lles permita tomar decisións autónomas sobre a súa sexualidade e relacións, sempre en base ao seu propio marco de valores.

Así mesmo, os talleres permitirán mellorar as súas actitudes cara a sexualidade, entendéndoa como unha dimensión humana fundamental, como unha realidade diversa e como un valor; e mellorará as súas habilidades de comunicación e negociación. Desta forma, contribuirase a un maior benestar por parte das mulleres, a unha maior prevención de riscos e, en definitiva, a un maior grao de saúde sexual, segundo apuntan dende o Concello. Os talleres suporán, ademais, un espazo de encontro que permita a posta en común de opinións e vivencias e, en moitas ocasións, a axuda mutua que redunda tanto na adquisición de habilidades por parte das mulleres, como na creación de redes de apoio.

O obradoiro constará de dúas sesións que se impartirán os mércores 2 e 9 de novembro na Aula Multiusos de Edificio Sociocultural María Mariño. A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa ou chamando ao 981 501 101. As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata este luns 31.

Entre os contidos que se tratarán están o concepto de sexualidade e saúde sexual; a autoestima e benestar, os momentos vitais, o sistema sexo-xémero, a anatomía e fisioloxía da sexualidade, a hixiene, a maternidade, as prácticas conceptivas, aconceptivas e métodos anticonceptivos, ou a prevención de infeccións de transmisión xenital, buco-xenital e VIH. C.G.

30 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.