Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 07 febrero 2023
20:59
h

O GDR Ulla Tambre dá a coñecer en Touro a súa aposta polo cicloturismo

TOURO. Unha trintena de profesionais das terras de Ulla e Tambre vinculados aos sectores das actividades deportivas e do turismo no medio rural, e técnicos de diferentes Concellos, participaron na casa consistorial de Touro na Xornada sobre o potencial do Xeodestino Ulla Tambre Mandeo como destino de cicloturismo. O encontro, organizado polo GDR Ulla Tambre Mandeo, serviu para dar a coñecer as posibilidades desta comarca na aposta por este turismo. O presidente do GDR, Manuel Taboada, tamén alcalde do Pino, inaugurou a xornada co rexedor de Touro, Ignacio Codesido. O primeiro destacou a aposta polo cicloturismo dos 9 concellos do GDR, e o alcalde de Touro e vicepresidente da entidade, destacou que a súa vila “leva máis de 15 anos apostando polo Ulla como eixe central dunha oferta turística baseada no vivir de vagar”. C.E.

30 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
GDR
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.