Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Melindre incluirá un acto solidario con Ucraína

Melide. O Concello de Melide presenta o xoves 7 de abril o 30 aniversario da Festa do Melindre e da repostaría tradicional de Melide, que terá lugar os días 7 e 8 de maio. O acto terá lugar na aula gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago a partires das 12.00 horas, e estará precedido desde as 10.30 h. dun café solidario con melindres ao prezo de 2 euros, cuxa recadación destinarase a axudar ao pobo ucraíno a través da ONG Itínera Faciendo Nenos de Ucraína en Galicia. Nos actos colaboran a asociación de repostaría tradicional Melide Terra Doce, o café Arraigos de Melide, e as entidades Coffee Spirit e CLUN, cooperativas lácteas unidas.

Entre as novidades que se avanzan para o 30 aniversario atópase unha exposición conmemorativa das tres décadas do evento que se inaugurará o 29 de abril.

O programa presentase logo de ter xa realizado diferentes actividades de promoción entre setembro e marzo por toda Galicia, que formaron parte da programación e consistiron en diferentes obradoiros impartidos por Alberto Rodríguez, presidente da Asociación de repostaría tradicional Melide Terra Doce, así como varias catas e maridaxes en colaboración co Augardentes de Galicia. s. e.

02 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.