Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Pino acolle en setembro o espectáculo de Queiman Folki

O Pino. O Concello do Pino recupera o vindeiro 4 de setembro un dos espectáculos que se suspenderon o 31 de xullo debido a elevada incidencia da COVID no municipio. O primeiro sábado de setembro Bruxo Queiman ofrecerá o seu espectáculo de lume Queiman Folki na praza do Concello a partir das 22.00 horas.

A función, na que interveñen o Bruxo Queiman e as Bruxas Peregrinas, mestura o tradicional conxuro coa fundamental exaltación da terra e do mar, do Camiño de Santiago, e do folclore galego. Está enfocado á exaltación da terra, a súa gastronomía e as súas paisaxes. A entrada ao espectáculo é gratuíta pero hai que reservar no 981 511065 ou ben no enderezo cultura@opino.gal. c.e.

26 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.