Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Pino acolle o curso da USC para os maiores de 50

O Pino. O programa da USC Camiños de coñecemento e experiencia regresa en maio ao Concello do Pino para ofrecerlles formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos. O centro sociocultural Luis Seoane acollerá cinco xornadas formativas sobre temas culturais e científicos. Ademais, realizarase unha visita á facultade de Medicina.

O ciclo ábrese o mércores 18 de maio cun seminario sobre envellecemento saudable, a cargo do doutor Víctor M. Arce Vázquez. Ao día seguinte, os participantes visitarán a facultade de Medicina acompañados polo médico de familia e profesor José Manuel Fernández García. A criminóloga e investigadora da facultade de Ciencias Políticas Ana Moure Soengas será a encargada dos relatorios dos días 23 e 24 de maio, sobre introdución á criminoloxía e a análise de pegadas dixitais, respectivamente.

Seguirá o día 30 cun seminario a cargo do doutor en Historia Anxo Rodríguez Lemos sobre os instrumentos e soportes de escritura empregados na historia de Galicia e pecharase o 31 de maio cunha sesión práctica de achegamento a materiais arqueolóxicos e documentais. A matrícula é gratuíta e pode formalizarse no departamento de Servizos Sociais. arca

26 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.