Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Pino axuda a conciliar en decembro e xaneiro

O PINO. O Concello do Pino lembra que está aberto ata o 19 deste mes de decembro o prazo para inscribirse no Lecer Nadal, un programa de conciliación destinado a crianzas de entre 3 e 12 anos do municipio. Desenvolverase de luns a venres, entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro (agás os festivos), no pavillón municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, en horario de 8.30 a 14.30 horas. En concreto, o servizo prestarase de luns a venres os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3,4, e 5 de xaneiro. En total son 10 días de actividades e o prezo do programa é de 20 euros, ao que se lle aplicarán descontos por familia numerosa. Os interesados deberán cubrir a ficha de inscrición que está dispoñible nas oficinas municipais ou poden descargala da web do Concello. Deberá ir acompañada da instancia e ambos documentos poderán presentarse de forma telemática na sede electrónica ou presencialmente no rexistro municipal. C.G.

01 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.