Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Pino celebra a súa Andaina pola Igualdade en Castrofeito esta tarde

A saída e a meta están na área recreativa da Magdalena, e a ruta será de 5 quilómetros

O Pino. O Concello do Pino porá esta tarde o broche aos actos polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha Andaina Solidaria pola Igualdade. Unha ruta de cinco quilómetros que celebra a súa segunda edición. A actividade terá saída e meta na área recreativa da Magdalena, en Castrofeito, e dará comezo ás 16.00 horas.

Os dorsais poderán recollerse na zona de saída desde as 15.15 horas ata vinte minutos antes de que comece a andar o último participante, e as saídas efectuaranse de dúas en dúas persoas cada vinte minutos. Por suposto, deberá manterse en todo momento a distancia de seguridade de dous metros, agás no caso de persoas convivintes, que poderán formar grupos de ata seis. O uso de mascarilla será tamén obrigatorio.

Esta actividade vén complementar e a pór o punto e final a todas as iniciativas feitas por mor do 25-N no municipio. Hai que lembrar que o Concello elaborou un vídeo institucional para concienciar contra as violencias machistas, un audiovisual no que participan concelleiras da Corporación municipal, a directora e un profesor do colexio CPI Camiño de Santiago, unha doutora e un doutor do centro de saúde, o presidente da SD O Pino e varios empregados municipais.

Asemade, a través do Facebook municipal poden seguirse uns cursos de defensa persoal para mulleres. Son tres vídeos e, de momento, está publicado o primeiro. Para velo hai que inscribirse en info@sifservicios.com ou chamar ao 677 555 748. A. P.

28 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.