Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Pino creará un mosaico de Xela Arias con fotos veciñais

O Pino. A biblioteca municipal do Pino solicita a colaboración de toda a veciñanza para realizar un mosaico de fotos que creen a imaxe de Xela Arias, a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. O mosaico farase coas fotografías enviadas por todas aquelas persoas que o desexen, que poden participar na iniciativa co número de imaxes que queiran.

Poderán ser de persoas, mascotas ou espazos especiais do concello, e hai de prazo para envialas ata o 18 de maio á dirección de correo electrónico biblioteca@opino.gal. “Unha vez recibidas na biblioteca, remitiráselles aos participantes un formulario de autorización para que o Concello poida utilizar a súa imaxe neste proxecto”, explican fontes municipais. C.E.

12 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.