Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Pino destina 78.000 euros para autónomos e pequenas empresas

Estas subvencións inclúense no Pel-Reactiva e hai ata o 25 para enviar solicitudes

O Pino. O Concello do Pino destina 78.466 euros a axudas para persoas autónomas e microempresas radicadas no municipio. Estas subvencións inclúense dentro do Plan Pel-Reactiva 2020, cofinanciado pola Deputación da Coruña nun 80 por cento.

O principal obxectivo deste programa “é impulsar a actividade económica e o emprego no municipio do Pino e contribuír a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da covid-19 nas pequenas empresas e persoas autónomas, financiando gastos correntes, para contribuír á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico”, sinala o Concello.

As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello do Pino utilizando o modelo normalizado de solicitude dispoñible na mesma, e deberán achegar a documentación establecida. O prazo para remitir a documentación finaliza o vindeiro 25 de novembro ás 14.00 horas.

O período subvencionable establécese entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2020. As persoas beneficiarias das axudas, lembran dende o goberno local, deberán presentar a documentación xustificativa antes do 31 de marzo de 2021. A.P.

07 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.