Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

as clases para adultos

O número de persoas estará restrinxido segundo o lugar no que se faga a actividade

O Pino. Despois de ter que ser suspendidas a principios de novembro por causa das restricións impostas polas autoridades sanitarias para frear o avance do COVID, o Concello do Pino reanuda hoxe as escolas deportivas municipais e as actividades físicas para adultos. Segundo explican fontes municipais, a decisión tomárase naquel momento debido a que o municipio “volvía á fase 1 e se pechaba perimetralmente con outros municipios da área de Santiago”. Entre as medidasque tiñan que cumprir, lembran dende o goberno local, “unha delas era a de facer deporte de xeito individual”.

Agora que O Pino se atopa na fase 2 dende o pasado sábado, o Concello opta por retomar as actividades grupais. Iso si, aclaran que en todo momento se van tomar as debidas precaucións. Así, nas clases continuaranse a cumprir os protocolos municipais elaborados para previr a propagación do coronavirus. Entre outras medidas, as actividades grupais desenvolveranse sempre en grupos reducidos. Serán de 12 persoas por clase, no caso das escolas deportivas municipais; e de 25 nas actividades para adultos que se celebran nos polideportivos. No caso das que se desenvolven na casa da cultura, o máximo serán dez participantes por grupo. A. P.

01 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.