Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PP de Melide denuncia o maltrato que as inversións estatais dan á A-54

Melide. O PP de Melide denunciou o “maltrato” que as inversións dos presupuestos do Estado dan á A-54, e culpa ó bipartito municipal de ser “cómplice”. “Lonxe de aproveitar a vantaxe competitiva que nos daría a conexión da Galicia interior na que estamos localizados o goberno de Sánchez decide, unha vez máis, postergar o investimento nos treitos sen rematar da autovía A-54”, dín.

“Asistimos a un abandono total e absoluto da periodicidade coa que se estaban cumprindo os prazos nos investimentos co goberno de M. Rajoy onde no 2022 teríamos esta infraestrutura rematada; pola contra Sánchez esquece a Galicia e as súas necesidades nos orzamentos do Estado” sinala a portavoz popular, Dalia García. Dende a formación conservadora sinalan que o investimento previsto é de 16,1 millóns para o treito Arzúa-Melide e que non se rematará a obra nos prazos comprometidos, e haberá que esperar a 2025. arca

27 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.