Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PP de Melide pide protección para as vítimas das obras de derrubamento

O Concello asegura que se cumpriu en todo momento a legalidade e que calquer caso social que xorde na vila é tratado “de xeito rigoroso”

Os populares de Melide veñen de enviar un comunicado no que fan referencia á “resolución da alcaldía do pa-
sado 20 de decembro na que ordena o corte de subministración tanto de auga como de luz para as vivendas afectadas por unha sentenza xudicial do ano 2014”.

Dende a formación popular piden, ao amparo da lei, “que se busque, de oficio, unha solución habitacional para todos aqueles que queden prexudicados polo auto e polo acto de derrubamento que está executando o Concello de Melide toda vez que unha das persoas afectadas está a piques de xubilarse e non ten en propiedade ningún outro inmoble”. É máis, sinala a portavoz popular, Dalia García, “hai un informe dos propios servizos sociais do Concello de Melide que indica que unha das persoas afectadas quedará en risco previsible de exclusión social de finalizar o procedemento que culminará co derrubamento da súa vivenda”. Por iso, prosegue, “é de extraordinaria urxencia buscar unha solución e esa solución ten que vir dada polo actual goberno municipal” considera ao respecto a portavoz popular.

CONCELLO. Pola súa parte, o goberno local responde que “a única constancia que hai neste concello de dito caso é un informe emitido polos Servizos Sociais do Concello de Melide , a petición da interesada, no que se indica a súa situación na data da súa emisión, mes de outubro do 2021. Consta tamén a presentación de dito informe no Xulgado do Contencioso Administrativo nº4 da Coruña coa finalidade de que sirva para anular a sentenza que ordena a demolición da súa vivenda”. Esta solicitude, a pesar deste informe, “foi desestimada polo Xulgado por resolución de data 14/01/2022”, din.

Os Servizos Sociais do Concello traballan de xeito autónomo e independente, polo que calquera caso social que xurda no municipio “é tratado de xeito rigoroso, gardando absolutamente a confidencialidade e discreción debida. Neste contexto lamentamos que o Partido Popular de Melide trate datos confidenciais con intereses puramente partidistas”, sentencian dende o goberno local.

En canto ao procedemento de contratación para a adxudicación dos traballos de derribo das vivendas, dando así cumprimento á sentenza xudicial, “dende o Concello de Melide cumpriuse en todo momento coa legalidade”, aseguran fontes municipais.

17 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
PP
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.