Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PSOE orosán confía en Rey para a maioría absoluta que quedou a 7 votos

Oroso. A Agrupación Socialista de Oroso aproveitou a inauguración da súa nova sede (situada no número 24 da avenida de Compostela) para anunciar que na asemblea celebrada o pasado día 26 de setembro, Luis Rey foi elixido “por unanimidade” como candidato á alcaldía para “recuperar a maioría absoluta” nos comicios do 28 de maio do vindeiro ano 2023.

Na súa intervención ante medio cento de afiliados e simpatizantes, o propio Rey agradeceu “a confianza depositada polos compañeiros e compañeiras” e asegurou “asumir o desafío coa máxima ilusión e con máis gañas ca nunca de traballar para que Oroso sexa un lugar mellor para vivir e siga estando á cabeza dos concellos da comarca en canto a servizos públicos”. “Faltan sete meses para as eleccións e o obxectivo non pode ser outro que lograr unha maioría absoluta que non se conseguíu en 2019 por apenas sete votos”, resaltou Luis Rey, antes de pedirlle aos asistentes que “non se confíen e que traballen unidos nestes tempos difíciles nos que toca dar a cara polas políticas do PSOE, que están enfocadas a axudar ás clases medias e baixas, mentres outros só se preocupan de axudar aos ricos a incrementar o seu patrimonio”.

Sobre a oposición local, o actual rexedor limitouse a lamentar “que sigan a errónea estratexia de Rajoy, de que canto peor lle vaia actualmente ao goberno de Oroso mellor lles irá a eles”, e asegurou que “só lles preocupan as redes sociais”. O.D. Vilar

16 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.