Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O xuíz ratifica a validez do pleno de O Pino do POS e impón costas ó PSOE

A sentenza di que os socialistas coñecían a convocatoria e pediron un cambio de data

O Pino. O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 da Coruña vén de darlle a razón ao Concello do Pino ao considerar válidos os acordos adoptados no pleno do 18 de decembro de 2019, no que se aprobaron os orzamentos do ano seguinte e as obras do POS. O xulgado desestima o recurso presentado polos concelleiros socialistas Óscar Vilar Chento, Noris Núñez e Inka Lareo, ao considerar que non se vulneraron dereitos fundamentais, e imponlles o pago de costas, limitando ás mesmas a un máximo de 400 euros.

Na súa sentenza, o xulgado rexeita os argumentos dos concelleiros socialistas ao asegurar que “os demandantes tiñan perfecto e acabado coñecemento da convocatoria do pleno” de decembro de 2019. Asegura que incluso enviaron mensaxes e fixeron chamadas ao Concello coa “intención de que se cambiara a data do pleno” e presentaron un escrito con esta intención o 14 de decembro.

Así mesmo, a sentenza asegura que a convocatoria do pleno por “correo electrónico acadou a súa finalidade e non parece vicio invalidante algún”. arca

13 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.