Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obradoiro da Historia edita os seus selos con activistas de todo Ordes

Saen Gómez Carneiro, García, Gerpe, Porteiro e Valcarce

Obradoiro da Historia, a asociación cultural ordense, vén de apoiar o movemento mail art imprimindo catro mil modelos de selos propios que reproducen a algúns dos referentes do activismo na referida comarca de Área.

Así o divulgaba o seu presidente, Manuel Pazos, quen lembra, por unha banda, que optaron por escoller a Antonio Gómez Carneiro, exalcalde de Mesía; Luis Porteiro Garea, presidente das Irmandades da Fala; Moncho Valcarce, o Cura das Encrobas, e Manuel García. E a iniciativa, que está na súa primeira fase, xa se pode dicir que foi un éxito, xa que “algúns destes selos xa chegaron a case todos os países europeos e Latinoamericanos e a lugares tan arredados como Xapón, Australia ou os EEUU”... por suposto co pertinente selo oficial de Correos na carta.

Ademais de axudar a perpetuar o legado destes persoeiros, moi coñecidos no seu ámbito de influencia, a intención de Obradoiro da Historia é apoiar o mail art, unha arte non comercial na que se conxuga “a creatividade artística dos autores coa liberdade de expresión e o non sometemento á arte oficial mercantilista”. E todo iso a pesar de que as misivas convencionais cada vez se envían menos “debido as novas tecnoloxías”, explican. De calquer xeito, Pazos é da opinión de que esta forma de expresión artística “está collendo auxe, e algúnhas obras xa se expoñen en importantes museos”. E, precisamente, un dos expoñentes deste eido é o creador galego Manuel Xío Blanco, Xío de Mos, que adoita intercambiar obras con autores de todo o mundo.

PERFÍS. En canto aos elexidos para a gloria, inclúese a Antonio Gómez (1899-1979), que ocupou a alcaldía de Mesía en dous breves periodos da Segunda República. Outro foi Luis Porteiro (1859-1918), presidente das Irmandades da Fala de Compostela e soterrado en Frades; O Cura das Encrobas (1935-1993), moi activo na defensa do pobo ante a especulación dos poderosos, e un último protagonista do selo: Manuel García Gerpe (1908-1949), histórico valedor da República en todo o Concello de Ordes.

Os interesados en recibir estes selos de balde só teñen que mandar un email a obradoirodahistoria@gmail.com e remitiranse por correo postal os exemplares a todos os interesados que queiran.

14 sep 2020 / 20:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.