Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obradoiro solicita instrumentos para un novo museo etnográfico en Oroso

Sitúase no colexio Camiño Inglés, e neste proxecto tamén colabora o Concello

Oroso. O Museo Escolar do Centro de Educación de Infantil e Primaria Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro (Oroso), un proxecto conxunto entre o colexio e a Asociación Cultural Obradoiro da Historia, ademais do Concello, busca instrumentos para aumentar a súa colección, de cara a inaugurar o proxecto para o mes de maio.

Así, e como destaca o presidente de Obradoiro, Manuel Pazos, “ademais das seccións de Etnografía, Arqueoloxía, Fotografía, entre outras, queremos contar con instrumentos de música tradicional galega... Así que pedimos, se pode ser, a vosa colaboración”.

En concreto, cita pezas como “gaita, pandeireta, pandeiro, tambor, bombo, charrasco, caixa de pemento, zanfona, punteiros... ou calquera outro instrumento para expor; non importa o seu estado”, aínda que anima a que sexa “canto máis antigo, mellor”, de cara a “ver representada a nosa música tradicional no museo escolar”.

Hoxe xa contan cun conxunto ben xeitoso de apeiros labregos, pero tamén ferramentas de carpinteiro, máquinas de coser, ferros da roupa, cestas ou ferraduras, por citar apenas unhas das pezas que contribuirán a que non se esquenzan. m. outeiro

20 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.