Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Obradoiros en Ordes e Caldas que traballan na repoboación forestal

Trenor visitou onte o de Brañas do Illo-Río Samo III que forma a vinte desempregados

Ordes/Caldas. A conservación e repoboación dos montes centra os obradoiros de emprego que estanse a desenvolver nos concellos de Ordes e Caldas de Reis. No primeiro caso, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou onte o obradoiro Brañas do Illo-Río Samo III, financiado pola Xunta con 346.000 euros, co obxectivo de coñecer de preto as actividades dos vinte desempregados que participan no mesmo.

Trenor lembrou que na comarca de Santiago estanse a realizar oito obradoiros: cinco ordinarios duais e tres dirixidos a menores de 30 anos. Os ordinarios estanse a celebrar en Ordes; en Boqueixón (compartido con O Pino), Touro e Vedra; en Ames (con Brión); e en A Baña (con Negreira), Santa Comba e Val do Dubra. O de garantía xuvenil desenvólvense en Negreira (compartido con A Baña, Santa Comba e Val do Dubra e en Rois (con Padrón e Dodro).

Por outra banda, os quince participantes do obradoiro dual de emprego O Camiño dos Camiños, de Caldas, para a obtención do certificado de profesionalidade de actividades auxiliares de conservación e mellora de montes. Actualmente están a traballar na finca de Segade. arca

08 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.