Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ordes abriu a matrícula na súa Escola de Música ata o 15

Ordes. O Concello de Ordes informa de que xa está aberto, ata o próximo 15 de setembro, o prazo de matrícula para as solicitudes de novo ingreso na Escola Municipal de Música de Ordes. Os formularios, que xa se poden obter a través das redes sociais e plataformas dixitais da administración local, deberán entregarse cumprimentados no rexistro xeral ordense.

Así, haberá dous modelos de matrícula: a sinxela (unha materia) e a completa (máis dunha), e os instrumentos que se impartirán neste curso 2022-2023 son bombardino, trombón, trompa, trompeta, tuba, clarinete, frauta, guitarra, piano, percusión, saxofón, violín e violonchelo.

As mensualidades serán de 20 e 40 euros, segundo se trate dunha ou máis disciplinas. Inclúese unha matrícula que se terá que abonar coa primeira mensualidade e ascenden a 67 euros (33,50 euros para familias numerosas).

E sen saír do mesmo municipio, vén de celebrarse a clausura dos cursos de natación da piscina do Muíño nos que, ao longo dos meses de xullo e agosto, se integraron máis dun cento de rapaces de entre tres e quince anos. A entrega de medallas e doces foi a cargo dos concelleiros José Manuel Mira Gómez e Susana García Gómez. M. Outeiro

01 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.