Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 21 septiembre 2021
17:53
h

Ordes levará a cabo unha ducia de obras para mellorar a rede viaria

Faranse beirarrúas en localidades como a das Mámoas, situada na Parroquia de Ardemil

Ordes. O Concello ordense vén de iniciar os trámites para a execución dunha serie de obras de mellora en varios núcleos rurais. O propósito principal de ditas intervencións é mellorar de xeito substancial a rede viaria do termo municipal, facilitando deste xeito as comunicacións entre as diferentes aldeas e a seguridade dos habitantes. Para isto último, levarase a cabo a construcción de beirarrúas en localidades como a das Mámoas, situada na Parroquia de Ardemil.

Doutra banda, intervirase en máis de dez puntos distintos para crear pistas e estradas máis seguras. Para iso, estenderase aglomerado ao longo das redes viarias e mellorarase o estado actual do firme das mesmas. Ademais, farase unha limpeza de cunetas mais unha reposición da sinalización horizontal e, en zonas como a dos de Merlís ou O Roel, na Parroquía de Vilamaior, a formación dunha canle de formigón e a execución de 50 metros de gabia de seguridade son algunhas das outras actuacións que están previstas no proxecto.

As obras afectarán de maneira direta a cinco parroquías, pero delas a que máis actuacións sufrirá é a de Vilamaior, que contará con seis, é decir, a metade das que están propostas polo Concello. Todas elas para o reacondicionamento das redes viarias e a mellora das comunicacións entre as vilas da zona. Así pois, investiranse, concretamente, 315.973,85 euros coa única finalidade facer do termo municipal unha área máis segura e máis humana para os peóns. pedro brea

03 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.