Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Oroso acolle obradoiros, magosto e moita música no Fiadeiro de Outono

Oroso. O centro cultural e a Alameda de Góis serán o marco os días 27, 28 e 29 deste mes da celebración do Fiadeiro de Outono 2022, organizado por catro colectivos veciñais de Oroso en colaboración co Concello e no que se divulgará a música tradicional galega con obradoiros, media ducia de actuacións musicais e un magosto.

As actividades darán comezo o xoves 27 ca presentación do libro A gaita na terra de Melide, do escritor Suso Escariz, ás 19.30 horas no centro cultural. A segunda actividade, o 28 ás 17.00 h., terá lugar nese mesmo inmoble e consistirá nun obradoiro no que os asistentes poderán aprender a construír un pandeiro. Custa 65 € por persoa e aqueles que desexen participar poden inscribirse ata este mércores 26 no teléfono 665 880 200.

Xa o sábado 29, a Alameda de Góis será o escenario do Festival Folclórico e do magosto popular, actos cos que culminará o Fiadeiro de Outono e que incluirán senllos obradoiros e actuacións de balde. Arrincan ás 16.00 horas co taller de baile tradicional, que será impartido pola Asociación Folclórica Buxos Verdes; ás 16.45 horas a Asociación Folclórica Lembranzas do Tambre coordinará un obradoiro de pandeireta, e ás 17.30 h., quenda do obradoiro de percusión da AC Argalleiros. Xa a partir das 18.30 horas darán comezo as actuacións musicais das catro asociacións organizadoras (AF Buxos Verdes, AF Lembranzas do Tambre, AC Argalleiros e Néboas no Cumio). E para pechar, haberá un magosto de balde no que actuarán 3 Pesos e Carapaus. O. D. Vilar

26 oct 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.