Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Oroso anuncia novas axudas para as pemes e os autónomos

Oroso. O Concello de Oroso informa da apertura dunha nova convocatoria do programa PEL-Reactiva da Deputación da Coruña, con axudas destinadas a pemes e autónomos con actividade no municipio e afectados pola pandemia do coronavirus. En concreto, haberá nove millóns de euros para repartir nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia entre bares e restaurantes, establecementos de hospedaxe, axencias de viaxes, salas de festas e discotecas.

O importe das axudas será de 1.500 euros por persoa beneficiaria que cumpra os requisitos ata agotar o crédito dispoñible. O prazo de presentación de solicitudes comeza o próximo luns, 3 de maio, ás 08.00 horas pola web https://sede.dacoruna.gal/subtel/

“Unha nova medida de axuda para os sectores que peor o pasaron durante a pandemia; temos que agradecer o compromiso da Deputación da Coruña”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás. “

Os fondos poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da pandemia, como pode ser a compra de mamparas de protección, a adquisición de produtos hixiénicos e de limpeza, material antiséptico ou desinfectante, así como a gastos correntes de subministracións de auga, luz ou gas.

Indicar que os interesados poden consultar as bases da nova convocatoria no BOP: http://bit.ly/ayudas_PELReactiva. arca

01 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.