Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Oroso inaugura a estatua a Margery Kempe e unha escultura doada por Góis

O municipio portugués entregou este agasallo como símbolo de irmandade // A figura simboliza a unha peregrina inglesa

O Concello de Oroso inaugurou onte unha estatua de homenaxe á peregrina Margery Kempe e unha escultura doada polo municipio portugués de Góis. A escultura está ubicada na rotonda da Foca e ao acto de presentación asistiron a presidenta da Cámara Municipal de Góis, María Lurdes Oliveira; o alcalde de Oroso, Manuel Mirás; a concelleira Isabel Fernández, e o concelleiro Luis Rey.

“Esta escultura, doada polo municipio de Góis e realizada por tres artistas, dous deles portugueses e un galego, simboliza 13 anos de irmandamento e amizade”, asegurou Manuel Mirás. “Ao longo do ano facemos actividades culturais conxuntas, intercambios de mozos e mozas, e compartimos iniciativas e experiencias, un irmandamento do que estamos moi satisfeitos”, engadiu o rexedor de Oroso.

Pola súa parte, a presidenta da Cámara de Góis destacou “a importancia do diálogo entre dous municipios e países diferentes, sobre todo nun ano tan complicado como o 2020”. Posteriormente, inaugurouse a estatua para honrar a Margery Kempe, primeira peregrina da que se ten constancia documental do seu paso polo Camiño Inglés e por Oroso no ano 1417.

Manuel Mirás, que tamén é o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, anunciou “un importante investimento de 500.000 euros para potenciar esta ruta xacobea, pola que Oroso apostou desde un primeiro momento”, indica.

MARGERY KEMPE. Cidadá e peregrina inglesa, natural de Lynn, en Norfolk (1373-1428). Trátase dun personaxe controvertido e inusual que deixou unha extensa autobiografía manuscrita, atopada no ano 1934, que permite coñecer a súa existencia e pensamento, ademais de constituir unha importante mostrade literatura odepórica. The book of Margery Kempe é un traballo considerado como a primeira autobiografía en inglés. Nel a autora recolle os seus extensos peregrinaxes a varios lugares sagrados de Europa e Asia.

Muller independente, tivo catorce fillos e, tras cumprir os corenta anos, convenceu ao seu marido, John Kempe, da súa vocación de peregrina, que debía levala aos lugares máis variados en viaxe permanente. A Santiago chegou no ano 1417, tras embarcar no porto de Bristol e viaxar durante sete días. Pasou catorce días en Compostela, segundo relata, de gran alegría espiritual e corporal e regresou a Bristol nunha viaxe en barco que durou cinco días. O doutor e escritor Gregorio Marañón estudou a súa biografía e dela dixo que “es posible que nos encontremos ante una gran santa, que fue también una gran histérica”. Pola súa parte, Klaus Herberse Robert Pöltz, tras analizar o manuscrito, sinalaron que se trata “dunha peregrina sorprendente que padece arrebatos místicos”.

18 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.