Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Oroso mellora as súas instalacións deportivas

OROSO. O Concello de Oroso realizou nas últimas semanas diferentes actuacións para renovar e poñer a punto as instalacións deportivas do municipio, no comezo dunha tempada na que se retoman as competicións que o ano pasado tiveron que interrumpirse pola pandemia. Todas as actuacións, que continuarán nos próximos meses, dan resposta ás demandas dos clubs de Oroso, cos que o concello colabora e mantén o contacto de forma constante. Entre as tarefas realizadas, houbo melloras no alumeado en diferentes instalacións, como o campo de béisbol, e reformas na pista de taekwondo e na pista de tenis da parroquia de Deixebre. Procedeuse ademais á reposición do céspede no campo de fútbol de Villaromarís e á instalación dunha caseta para a venda de entradas no campo do Sigüeiro. No pavillón polideportivo, hai unha nova pasarela para o acceso entre gradas e instalouse un palco polivalente, que pode servir para ubicar aos xuíces de determinados deportes ou para acoller autoridades. m.B.

07 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.