Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Oroso pechará mandato con catro millóns en obras rurais

Oroso. O alcalde de Oroso, Luis Rey, anunciou o compromiso do goberno local de intensificar nos vindeiros nove meses o ritmo de execución de obras nas parroquias para pechar o actual mandato cun “investimento récord” de máis de 4 millóns no rural.

Así, durante a primeira metade do mandato completáronse máis dunha ducia de obras por máis de 1,3 millóns, e dende a chegada á alcaldía de Rey acometéronse outros nove proxectos no rural por 845.000 euros, mentras que para os vindeiros nove meses están previstos dezanove máis por 1,97 millóns.

Entre as actuacións rurais máis destacadas dos dous primeiros anos constan a mellora de viais en Igrexa e Cas (Os Ánxeles); Vilar de Abaixo (Deixebre) e Zan e A Costa (Trasmonte) por 227.000 €; máis traída e saneamento en Piñeirón con 174.000 € de investimento e senda peonil de Oroso Pequeno ao Carboeiro, 169.000 €. E xa con Rey coma rexedor, prevén que este luns comecen coa senda peonil de Baxoia ata Bouzalonga, tras ampliar a traída en Os Ánxeles, San Román, incluíndo o saneamento para Campo de Cabanas e Os Carballos ou melloras viarias en Cardama, Pasarelos, Os Ánxeles ou Gándara. Agora centraranse no leste orosán. CG

16 sep 2022 / 22:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.