Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Oroso recolle material de primeira necesidade para A Palma

O Concello de Oroso puxo en marcha unha recollida solidaria de material, dende mantas a cueiros ou produtos de hixiene, para destinalo ás persoas afectadas pola erupción do volcán de A Palma. Ademais, ante as numerosas chamadas e mensaxes recibidas nas últimas horas, xa habilitou coa oficina de La Caixa en Oroso o procedemento para proceder ás doazóns económicas.

Dende a administración municipal instan, por un lado, á veciñanza a colaborar nesta campaña solidaria doando roupa, calzado, alimentos non perecedeiros, mantas, máscaras, cueiros, produtos de hixiene persoal ou calquera outro produto de primeira necesidade que poida ser necesario para contribuír a paliar, na medida do posible, as consecuencias que erupción do volcán Cumbre Vieja está a ocasionar a decenas de familias da illa, que ven en risco o seu fogar e os seu medio de vida. E ese material pode ser entregado na casa do concello, en Sigüeiro, que disporá os envíos á cidadanía afectada da illa canaria coa colaboración de Correos, que xa está a desenvolver unha importante campaña solidaria nas súas máis de cen oficinas nas illas Canarias.

Por outra parte, as veciñas e veciños de Oroso que desexen colaborar cunha aportación económica poderán facelo cunha transferencia co concepto “Donación volcán” ao número de conta ‘ES 47 2100 9169 0122 0017 9456’ (La Caixa) ou através do Bizum (Código 03747).

“Unha vez máis, quero dar as grazas aos veciños e veciñas, que responden de forma maioritaria ante as iniciativas solidarias que poñemos en marcha desde o concello; todos estamos preocupados polas novas que chegan de La Palma e queremos contribuír á axudas aos afectados”, aportaba o rexedor, o socialista Luis Rey Villaverde.

27 sep 2021 / 18:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.