Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os arzuáns terán de novo descontos e sorteos no Día do Comercio Local

Arzúa. O Concello de Arzúa organizará o décimo Día do Comercio Local o xoves, 8 de decembro. Con esta cita preténdese continuar promocionando o comercio e a hostalaría do municipio aproveitando a proximidade da campaña de Nadal así como a da feira quincenal.

Como en edicións anteriores, organizarase unha xornada con actividades, promocións e animación de rúa para todos os públicos. Para poder deseñar unha proposta atractiva, o Concello pide a colaboración, por un lado, do comercio, para que ese día ofrezan descontos, sorteos, vales de merca ou outras promocións. E, por outro, animan aos locais hostaleiros a que se involucren nunha ruta de tapas para promocionar a gastronomía e os produtos de calidade da zona, así como, ao mesmo tempo, os restaurantes, bares e cafeterías da vila. Como novidade, este ano deberá haber un mínimo de dez establecementos de hostalaría anotados para levar a cabo dita ruta.

Como nas anteriores edicións, desde o Concello de Arzúa difundirase o evento, programaranse actividades e elaboraranse programas e cartelería con toda a información das actividadades e das propostas que os locais comerciais e hostaleiros vaian definindo, segundo apuntan fontes municipais. Os empresarios con interese en participar deberán anotarse no departamento de Cultura, no 981 500 222 ou escribindo ao correo cultura@concellodearzua.com ata o vindeiro 4 de novembro. C.E.

30 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.