Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 25 enero 2023
22:01
h

Os días de San Pedro e da Ascensión van ser festivos locais no Pino

No ultimo pleno tamén se acordou modificar a senda de Bugalleira ata Rabal de Abaixo

O Pino. O pleno do Pino vén de aprobar que os festivos locais de 2023 sexan os días 29 de xuño (San Pedro) e 18 de maio (Ascensión). A razón da modificación con respecto a outros anos é o feito de que a festividade da Madalena (22 de xullo) cadra en fin de semana. A xuízo do grupo de goberno, fixar esa data o día 18 de maio, tamén festiva no veciño concello de Santiago, no que traballan numerosas persoas do Pino, axudará á conciliación e favorecerá o descanso merecido da veciñanza. Na sesión extraordinaria aprobouse tamén destinar a gasto corrente a achega provincial de 62.774,44€ do Plan único de concellos POS+ Adicional 2/2022.

Outro dos puntos debatidos na sesión foi a modificación do contrato de obras da senda de Bugalleira a Rabal de Abaixo, na parroquia de Gonzar. Ante a previsión do Concello de darlle continuidade á senda peonil cara á praia fluvial da Tarroeira, propúxose unha modificación do trazado inicial. Así, a senda cincunvalará o lugar polo nordés, evitando situacións de risco.

Por último, a Corporación aprobou o ditame da Comisión Especial de Contas a propósito da conta xeral do exercicio 2021, tamén co apoio do PP, a abstención do BNG e o rexeitamento do PSdeG. Á vista do informe elaborado pola secretaria-interventora sobre este asunto, a Comisión desestimou a única reclamación presentada durante o proceso de exposición pública, polo que a conta xeral de 2021 queda cumpridamente xustificada. C.E.

17 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.