Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os ordenses continúan sen Plan Xeral seis anos despois

Ordes. A dilación para a entrada en vigor do Plan Xeral ordense continúa a abraiar en toda a comarca. E este mércores era o Bloque Nacionalista Galego quen se ocupaba de sacarlle as cores á administración local, lembrando que “cúmprense 6 anos desde que o voto favorable do BNG permitise a aprobación inicial do documento no pleno de marzo de 2016” sen resultados efectivos aínda.

Os nacionalistas poñen de exemplo a outros municipios da comarca, como o de Oroso e Mesía, que foron quen de tramitar completamente os seus plans urbanísticos “en tres e catro⃣ anos, respectivamente”. Do mesmo xeito, fan fincapé en que “tan só foron celebradas seis reunións para tratar o documento desde a súa aprobación inicial no 2016, a última celebrada no 2019”, lamentaban.

Ao seu xuízo, o Partido Popular, cun goberno en maioría absoluta, “é incapaz de pasar da aprobación inicial á provisional do documento no pleno en seis⃣ anos”, e lembran que aínda quedaría a tramitación na Xunta para acadar a aprobación definitiva.

❎ “O goberno municipal non fai público o documento refundido do PXOM, resultante das alegacións da veciñanza e dos informes sectoriais recibidos”, rematan. ECG

17 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.