Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 26 enero 2023
21:30
h

Os veciños de Frades fixeron unha nova ruta polo Camiño Inglés

Frades. Un total de trinta e nove veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana nunha nova andaina polo Camiño Inglés, concretamente na quinta etapa entre Presedo (Abegondo) e Cabeza de Lobo (Ordes). A expedición percorreu un total de dezaseis quilómetros, e foi de dificultade media-baixa.

A próxima etapa será a penúltima da iniciativa e tamén unha das máis longas: 19,8 quilómetros de dificultade media-baixa entre Cabeza de Lobo e Sigüeiro. Está prevista para o día 22 de outubro, con saída en autobús desde a casa consistorial ás 08.30 horas e volta tamén en autobús dende a capital municipal orosá.

O prezo mantense nos 10 euros por persoa. Todas aquelas persoas interesadas en inscribirse en dita andaina poden facelo presencialmente no Concello de Frades ou ben chamando ó 981 695 567.

Por outra banda, dende o goberno local lembran que a unidade móbil de Coidados porta a porta está ata este xoves, pero volve en xaneiro. c.e.

05 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.