Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os veciños de Frades van percorrer o Camiño Inglés

Frades. O Concello de Frades vén de propor aos seus veciños a posibilidade de percorrer o Camiño Inglés en varias etapas, que terán lugar mensualmente en sábado e sempre que a meteoroloxía así o permita. Trátase dunha iniciativa iniciada no ano 2017 pola administración local que permitiu que unha media de 80 fradenses acometeran xa o tramo galego do Camiño Francés, o Camiño a Fisterra, o tramo Fisterra-Muxía e a Vía da Prata, esta última acometida durante a pandemia da covid.

A primeira etapa do Camiño Inglés, 15 quilómetros entre Ferrol e Neda, será cuberta o sábado 12 de febreiro. A expedición, cun mínimo de 30 persoas participantes, partirá en autobús ás 8.00 horas da casa do concello de Frades ata o inicio da etapa. O mesmo autobús recolleraos en Neda ao remate da etapa. A veciñanza participante elixirá se levar a comida para o camiño ou xantar nalgún restaurante da zona por conta propia.

O prezo mantense como ao inicio da iniciativa: 10 euros por persoa e etapa. Inscricións no Concello de Frades ou chamando ao número 981 695 567. M. Outeiro

25 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.