Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os veciños de Frades volven á praia en agosto

FRADES. O Concello de Frades ofrece outras cinco saídas á praia para os xoves 4, 11, 18 e 25 de agosto, así como o xoves 1 de setembro. Unha media de oitenta veciños e veciñas da vila participaron durante o mes de xullo na iniciativa Xoves de praia que, durante catro días, tivo lugar na praia de Barraña (Boiro). Nesta derradeira excursión do mes estiveron acompañados polos concelleiros de Cultura, Juan Carlos Portos, e Turismo, Jesús Francos. Os Xoves de praia conforman unha das actividades tradicionais do verán en Frades e unha das que maior participación rexistra. A expedición trasládase ata Boiro nun autobús que sae ás 10.00 horas de Frades e que vai recollendo ás persoas participantes nas súas respectivas parroquias, e logo vólveas deixar nas mesmas paradas a última hora da tarde, xa que pasan todo o día na praia. O prezo é de 7 euros por día ou 30 por mes para empadroadas, prezos que se incrementan no caso de non o estar. C.G.

04 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.