Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Participan trinta locais no Día do Comercio arzuán

Arzúa. Un total de trinta establecementos comerciais e hostaleiros participarán o 8 de decembro no Día do Comercio local. Así o vén de desvelar o Concello tralo peche do prazo para anotarse na iniciativa. Están confirmados os seguintes negocios: Parrillada 107, Leny, Cartafol, Moda Sari, Alca Joyeros, O Gloman, Arzugrafica, KitaKuxa Artesanía, Carola Moda Arzúa, Sport Moda, Boutique Anduriña, Miss Zapatos, Comercial Alfonso Souto, S.L., Cempés Arzúa, A tenda das de Burres, Vadi Tienda De Ropa, Arroupadiños, Cafe Bar Discovery, MiTata, Lage Moda, Perfumería Chorima, Estrenas Zapatería, Congelados Cies Arzúa, Calzados Iglesias, O Furancho d’Santis, Pulpería Parrillada Europ, Casa Nené, Mesón Os Catro Ventos, Bar Luis, MD Lencería & Hogar.

Dende o goberno local informan de que nos vindeiros días iranse coñecendo as promocións que ofrecerán nesa xornada os comercios, así como as tapas que comporán a ruta este ano e as actividades que se desenvolverán. O obxectivo é reactivar o comercio local, nun ano no que fai máis falla ca nunca. A.P.

10 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.