Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Paula Prado: “Melide necesita un cambio para deixar de ser noticia por escándalos e corruptelas”

Melide. A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, asegurou este mércores que “os veciños de Melide non merecen seguir na senda do clientelismo, corruptelas e escándalos permanentes aos que os somete o goberno local” e por iso aposta por un goberno do Partido Popular a partir do 28 de maio. Para que deste xeito “Melide volva ser noticia pola boa xestión, polos investimentos e pola creación de emprego”. Así o manifestou durante a reunión de traballo que mantivo co grupo municipal do PP de Melide, no que a súa voceira, Dalia García, lle trasladou algunhas das polémicas nas que se atopa inmerso o Concello por culpa do bipartito formado por Adiante Melide e PSOE. Como é o caso, din, “do pelotazo urbanístico que supón a recente adquisición directa por parte do goberno local dunha parcela destinada a albergar un aparcadoiro público” ou “a aprobación dunha RPT que non convence nin aos propios funcionarios e traballadores do Concello”. “O Partido Popular xa ten demostrado a súa capacidade de xestión á hora de gobernar Melide, polo que somos maioría os que cremos que este bipartito ten o tempo contado”. C.G.

15 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
PP
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.