Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pide o Sindicato Labrego Galego que se reabra o mercado melidense

Melide. O peche do mercado de alimentos labregos semanal decretado polo Concello de Melide como medida preventiva anti-COVID non está exenta de polémica. O Sindicato Labrego Galego (SLG) maniféstase en contra desta decisión, pois consideran que “non obedece a criterio científico ningún, vulnera a orde europea e estatal de garantir a circulación de bens de primeira necesidade en tempos de crise e nin sequera está respaldada por ningún mandato oficial de organismos de superior rango con potestade para ordenar este tipo de peches, como a Xunta de Galicia”, sentencian.

Non entenden que se permita a venda en espazos pechados pero non neste mercado ao aire libre. É por iso que lle piden ao Concello “que recapacite e dea marcha atrás na súa decisión”. Aconsellan a posibilidade de redistribuir os postos de venda en novos espazos da zona vella para manter as distancias.

Tamén o PSOE se amosa “excéptico” ante o peche “por terceira vez na pandemia” do mercado de proximidade, que din “posúe un plus engadido de seguridade ao ser unha actividade celebrada ao aire libre”. Insisten en que deben escoitar a comerciantes e ambulantes. C.E.

17 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.