Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Piden cambiar en Melide sinais verticais da N-547

MELIDE. O PP de Melide vén de solicitar á Demarcación de Carreteras que aclare os cambios de sinalización vertical que vén de executar no pintado recente da N-547 en varios puntos que afectan ao concello. Dalia García, a portavoz dos populares, sinala “que o PP segue sendo unha garantía de xestión para os veciños e veciñas de Melide que recorren á nosa formación para demandar información sobre asuntos de xestión diaria que anteriormente se realizaban dende a alcaldía, dando así conta da ineficacia e inaccesibilidade dun bipartito que non se preocupa polas demandas veciñais”. O PP di que informará da resposta que Carreteras envíe no seu momento, demandando primeiro que se explique o cambio e, segundo, que se estude a posibilidade de voltar á sinalética inicial xa que en O Rañado non se rexistran accidentes de gran envergadura e o cambio de sinalética “implica un grave prexuízo para os particulares que viven ao caron da N-547”. arca

21 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.