Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 21 septiembre 2021
19:08
h

Piden unidade para evitar que Abanca peche no Mesón do Vento o día 21

Lanzou a alerta o BNG nun pleno no que se aprobaron 10,1 millóns para o orzamento 2021

Ordes. O pleno do Concello de Ordes aprobou inicialmente os orzamentos do presente ano, que ascenden a 10.143.582 millóns de euros, un 1,8 % más respecto ao exercicio anterior, pero que só apoiaron os edís do PP (Uxo e PSOE abstivéronse, e o Bloque rexeitounos incidindo nos soldos estratosféricos e no aumento tributario). Ademais, o BNG, propuxo medianre rogo que a Corporación cerre filas cun manifesto para evitar que Abanca peche a oficina do Mesón Do Vento, previsto para o 21 de xullo.

No que atinxe ás partidas, destaca a do gasto en persoal, que se incrementa en máis dun millón de euros respondendo á nova valoración derivada da modificación na RPT aprobada inicialmente o pasado mes de maio “co fin de consolidar e estabilizar as prazas, acabando así coas interinidades”, prometen. En total serán 3,58 millóns. Tamén suben os ingresos nun 5,94 %, principalmente debido a unha maior expectativa das transferencias correntes e a infravaloración de certas taxas en 2020, como a recollida do lixo. A alcaldesa en funcións, Ana Soneira, destacou “o investimento de 1.641.261 €, o 16,18 % do total, e que agardamos se vexan incrementados coas achegas doutras administracións”.

Dende o BNG retrucaron con que o orzamento “non resolve as necesidades da veciñanza”, esixindo a implantación dunha escola infantil no edificio do antigo centro comarcal “que segue podrecendo” e que se empreguen edificios baleiros, “como o da estación da Pontraga”. m. outeiro

25 jun 2021 / 17:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.